Comenzar comenzarei...
Se algo tén complicado un blog e se por algún motivo morreron xa varios deles nas miñas mans é por non elexir que verbas poñer neste espacio aínda branco. É certo, primeiro escollo o nome (tamén manda carallo cos nomes,... ¿Que poño? ¿Como condenso nun "palabro" o que pretendo amosar ó resto do mundo? ¿Por que non cocho_pita...?), logo vén a parte gráfico-creativa (colores, que si esto á dereita e aquelo á esquerda, que si blog público ou privado, que si se fai noite e estou por pasar de todo,...) en fin, que cando acabo de facer todo isto dígome: "¡Ben Carallo!, agora imos ó importante, vámoslle escribir algo",... Pero vaia, o que falla é a inspiración ou as gañas de escribir ou o feito de que o texto non se asemelle a esa literata que pensaba que sería capaz de crear... "¡Boh!... Xa escribirei mañá" e si, o mañá trae consigo o olvido... a morte dese pequeno ser que creei (de bonitos cores pero máis vacío que a linguaxe preelectoral).
Hoxe é un gran día... coido que a estas alturas non terei as agallas de borrar a centea de palabras que levarei, e espero que isto sirva para crear un precedente neste blog... para que, polo menos, a seguinte vez que escriba diga: "¡Joer!... Peor que o que escribín naquel tema titulado Comenzar comenzarei... non é", e non me entrará a "congoja" (como se dirá en galego... ¿acolloe?) de publicalo.
Inaugurado queda (lástima que non haxa pinchos, tapas e demáis etcéteras para celebralo)... ¡Bueno sí!... ¡Ahí van!

Pinchade sen medo!!
0 comentarios